Descubre como a ciencia está a combater o crecente problema das bacterias multirresistentes. Nesta charla, exploraremos o fascinante mundo da terapia fágica, que utiliza virus naturais chamados bacteriófagos para eliminar bacterias daniñas de forma específica, sen afectar á nosa flora beneficiosa.
Esta estratexia preséntase como unha alternativa innovadora e prometedora para cando os antibióticos tradicionais xa non son eficaces. Coñeceremos de primeira man as distintas aplicacións desta tecnoloxía —desde a terapéutica ata a desinfección e o diagnóstico— que se están a investigar activamente desde o Campus Terra da USC.