Únete a nós no primeiro día de Pint of Science en Carballo para unha xornada fascinante onde a ciencia se atopa coa tecnoloxía. Exploraremos como a luz nos permite descubrir o invisible e como a intelixencia artificial está a transformar a xestión dos nosos arquivos históricos.
As charlas
- O que a luz conta do que non vemos: O investigador químico David Castro Reigía (Universidad de Burgos) explícanos como a espectroscopía nos permite analizar a composición dos alimentos sen necesidade de abrilos, utilizando a interacción da luz coa materia.
- Arquivos e arquiveir@s: que pintan na era da IA?: Désirée M° Domínguez Pallas, directora do Arquivo Histórico da USC, reflexiona sobre o impacto da intelixencia artificial na xestión documental, os retos éticos e as oportunidades para mellorar o servizo público na era da administración algorítmica.